Cruise Europe é a asociación dos portos do norte e oeste europeos (atlánticos e bálticos), constituída en 1993 co obxectivo de impulsar o mercado de cruceiros atlántico, promovendo os intereses comúns dos portos asociados e representados os sectores dos cruceiros ante as organizacións europeas e internacionais.
O ámbito de actuación de Cruise Europe esténdese a 4 áreas xeográficas do norte e oeste de Europa (o Báltico; Gran Bretaña e Irlanda; Noruega, Islandia e as Illas Feroe e a Costa Oeste Europea) co propósito de promover e a eficiente comercialización destas zonas como importante destino turístico de cruceiros, constituíndo unha fronte común ante a actual puxanza dos destinos mediterráneos.
A asociación agrupa na actualidade máis de 100 portos europeos.
Cruise Europe promove diversas estratexias comerciais co obxectivo de incrementar a competitivdade dos portos asociados ante os operadores do sector. Estas actuacións comprenden dende a recollida e intercambio de información dos portos asociados, ata a participación activa da Asociación en todos aqueles foros e institucións relacionados coa industria de cruceiros. Neste sentido, Cruise Europe ostenta unha dinámica presenza nos eventos comerciais máis relevantes do sector, tales como Seatrade Europe e Seatrade MED a nivel europeo, e Seatrade Cruise Global, a nivel internacional.