Instalacións e servizos ao tráfico

Instalacións e servizos ao tráfico

panoramica porto

O tráfico de cruceiros en Vigo desenvólvese na zona central do Porto, situada en pleno corazón da cidade, nun espazo continuo, peonal e axardinado, con acceso directo ao casco antigo e ás principais zonas comerciais da cidade; enmarcado por as dúa termináis de cruceiros de Vigo.  Nun extremo, o Peirao de Trasatlánticos, co edificio histórico da Estación Marítima Alberto Durán, que aloxa as terminais principais de cruceiros de Vigo; e, no outro extremo, o Peirao de Comercio, onde se establece a terminal de cruceiros secundaria, deseñada para complementar á primeira en caso de escalas múltiples de cruceiros.

Un área inmellorablemente comunicada, coa Estación de tren a 15 minutos andando e o Aeroporto a 15 minutos en coche, grazas ao acceso director desde ambas termináis ás principais vías de comunicación que enlazan a cidade cara ao norte con Santiago de Compostela, cara ao sur, co norte de Portugal e cara ao leste, con Ourense e Madrid.

O PEIRAO DE TRASATLÁNTICOS constitúe un espazo privilexiado de encontró entre a cidade e os máis de 200.000 turistas que anualmente chegaqn a Vigo grazas ao tráfico de cruceiros.  60.000 m2 de superficie na que destacan os Xardíns do Cable, inaugurados en 2014 en honor ao papel fundamental do porto de Vigo na historia do Cable Británico e Alemán, ademáis dun enorme espazo peonal de de entretemento didadán.  O peirao conta, ademáis, con 750 m. de atraque grazas a construcción no auga de 3 estruturas anexas de atraque denominadas Duques de Alba que posibilitaron unha ampliación absolutamente respetuosa co medioambente, e a Estación Marítima "Alberto Durán", onde ademáis das terminais principais de cruceiros, atópanse institucións oficiais como Capitanía Marítima, Sanidade Exterior ou o servicio de inmigración do Corpo Nacional de Policía. 

 

As TERMINAIS DE CRUCEIROS "VIGO CRUISE TERMINAL" e "ATLANTIC VIGO CRUISE TERMINAL", outorgadas en concesión administrativa, contan cunhas instalación totalmente modernizadas e adaptadas  ás maiores esixencias de seguridade demandadas polas grandes compañías de cruceiros internacionais, e dispoñen de todos os servizos necesarios  para atender o embarque, desembarque e tránsito de pasaxeiros e tripulantes durante a súa escala en Vigo.

Entre outros:
  • Sistemas de control de accesos e protección altamente cualificados, que permiten unha xestión de entrada e saída de pasaxeiros e tripulantes profesional e áxil.

  • Oficinas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para a atención directa aos cruceristas nos seus trámites de Inmigración, Aduanas, etc.

  • Operativas específicas para escalas de embarque e desembarque masivo en escalas con Vigo como Porto Basee ou Turnaround, incluíndo servizos asociados como consigna de equipaxes, parking de estancia prolongada ou aluguer de vehículos...

  • Servizo de atención ao pasaxeiro, dispoñible ininterrumpidamente durante toda a escala.

  • Instalacións de Lecer, establecementos comerciais e de hostelería e cambio de divisas.

  • Servizo de Información Turística.

  • WIFI gratuito.

A escasos 10 metros das Terminais, atópase o Centro Comercial A Laxe, que conta cunha ampla e interesante oferta adicional de establecementos comerciais e de lecer que complementan a oferta da propia Terminal.As diferentes entidades local, provincial e rexional de turismo, Turismo Vigo, Turismo Rías Baixas e Turgalicia, dispoñen igualmente de oficinas de atención ao pasaxeiro na contorna inmediata á Terminal. No PEIRAO DE COMERCIO adaptáronse os antigos almacéns de carga existentes nun novedoso proxecto para destinar o seu parte central a unha segunda terminal de cruceiros, denominada “EL TINGLADO DEL PUERTO”, para complementar a oferta de liña de atraque para cruceIros e poder atender escalas múltiples nas mellores condicións. Seguindo as mesmas directrices medioambientais, ampliouse ata os 300 m de liña de atraque mediante construción dun Duque de Alba adicional e prepárase a disposición de espazos de lecer para converter esta zona nun novo lugar de encontro entre porto e cidade. Rodeado de xardíns e xunto á Alameda, espazo arbolado urbano de referencia no centro de Vigo, este peirao completa o espazo  portuario dedicado ao tráfico de cruceiros. 
A TERMINAL DE CRUCEIROS "EL TINGLADO DEL PUERTO" é o novo punto de referencia en Vigo para os cruceIros que nos visitan cada ano. Sen réxime concesional, está fundamentalmente orientada a escalas de tránsito en xornadas de escalas múltiples. Trátase dunha Terminal de nova construción, deseñada como un espazo moderno, aberto e luminoso de acceso directo ao buque, sen obstáculos arquitectónicos, e dotada con todas as medidas de seguridade e servizos requiridos para atender as escalas de cruceIros en tránsito no Porto.
Muelles de Cruceros