Protexido polo Parque Nacional das Illas Cíes, candidato a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, Vigo é un porto atlántico español de referencia para o tráfico de cruceiros, cunha oferta portuaria e de destino que abarca todos os intereses, de familias ata independentes, de grandes cruceiros convencionais ata os máis pequenos cruceiros de luxo, boutique, aventura ou expedición...
En pleno centro da cidade, a carón do Casco Histórico e a escasos cinco minutos das principais rúas comerciais, a zona portuaria dedicada ao tráfico de cruceiros esténdese por un espazo peonil con paseos e xardíns, enmarcado polas dúas Terminais de Cruceiros de Vigo. Situado no centro da cidade e excepcionalmente ben comunicado co aeroporto e a estación de tren, ofrece unha liña de atraque de 1.000 m e todos os servizos necesarios para escalas de tránsito e porto base, cos máis altos estándares de calidade e ISPS.
O Porto de Vigo dispón dunha ampla oferta de destino histórica e cultural, entre a que destacan a cidade de Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade, a próxima fronteira portuguesa e vilas tradicionais medievais como Baiona ou Tui, entre outras; ademais de asentamentos celtas, igrexas románicas ou arquitectura modernista e ecléctica. Tamén destaca a natureza e a paisaxe, principalmente pola súa marabillosa ría, con fermosas praias como a idílica praia central das Illas Cíes, catalogada por The Guardian como "a mellor praia do mundo". É coñecida a rica gastronomía local, baseada en peixe e marisco, así como as Adegas con Denominación de Orixe Protexida “Rías Baixas”, con viños brancos Albariño de sona mundial. Visitar adegas locais é un destino que os interesados en fusionar cultura, historia e gastronomía non deben perderse.