Porto Pesqueiro / Presentación
O porto Pesqueiro de Vigo atópase na Ría de Vigo e nas franxas de litoral en ambas marxes da Ría de Vigo, xa que tamén acollen instalacións pesqueiras de diversos tipos, abarcando territorios e augas de cinco municipios. (Vigo, Redondela, Vilaboa, Moaña e Cangas)O centro operativo do porto pesqueiro de Vigo encóntrase no propio termo municipal de Vigo. Nel descárgase e comercialízase a pesca fresca, na área do Berbés, na que se atopan catro dársenas e os seus peiraos correspondentes; onde se asentan as principais empresas do sector de comercialización e venda.Este factor, que xa se consolidou nas últimas décadas, fixo que durante o século pasado situáranse no Porto de Vigo os principais Centros de Investigación Pesqueira e Oceánica das distintas Administracións Autonómicas, Centrais e Europeas, así como os seus buques complementarios que no día de hoxe rondan as 20 unidades.Por outra parte, a pesca conxelada podémola atopar en varias zonas do Porto, tanto en concesións ao longo da Ría (almacéns frigoríficos) como en concesións e locais da área de Vigo.Ademais disto é importante a actividade de cultivo en medio mariño de especies específicas de alto valor (rodaballo, robaliza, ostra, mexillón, linguado, mariscos, etc.) que se asentan ao longo de polígonos nas augas da Ría e Porto de Vigo.Todos estes sectores forman o clúster da pesca e son un conglomerado multidisciplinar de empresas que se necesitan e retroalimentan unhas coas outras.