Autoridade Portuaria / Planificación Portuaria / Presentación
Vigo defínese como unha cidade portuaria e emprendedora situada no centro xeográfico da Eurorrexión Atlántica de Galicia-Norte de Portugal, e o seu Porto é o principal porto de Galicia no que se refire ao tráfico de mercadoría manufacturada de alto valor, estendendo a súa área de influencia ademais de ao resto de Galicia, ao norte de Portugal e á Meseta Castelá.
O Porto de Vigo, como porto comercial de interese xeral, é un instrumento clave para o desenvolvemento da economía produtiva da área e un elemento estratéxico da cadea loxística para as empresas do seu hinterland.
Sobre este principio, abórdase actualmente dun xeito definitivo a planificación integral do porto, de cara a reforzar o seu papel de compoñente esencial do desenvolvemento económico e industrial da rexión en particular e da comunidade en xeral, tanto pola súa dimensión coma pola mellora da operatividade actual dos peiraos comerciais, con máis e mellores liñas de atraque que, á súa vez, conten con maiores calados, o que contribuirá á captación de máis tráficos que poderá supoñer unha oportunidade de negocio para os empresarios e, por ende, á sociedade en xeral.
Neste apartado desenvólvense, seguindo un criterio xeográfico de oeste a leste, todos os Proxectos que xa se están a levar a cabo na zona de servizo de Vigo, así como o da Plataforma Loxística Industrial do Porto, PLISAN, en Salvaterra de Miño - Ás Neves, considerando que todas eles contribuirán ao seu posicionamento como gran porto da fachada atlántica europea.