Porto e Cidade / Historia do Porto
Ainda que a orixe da Autoridade Portuaria de Vigo se remonta a novembro de 1881, as raíces do seu Porto proveñen daqueles primeiros asentamentos da antigüidade, que elexiron o abrigo dos montes de ambas marxes da Ría e das montañosas Illas Cíes que protexen as sus augas. Ao longo dos séculos, as súas ribeiras veron arribar a fenicios, gregos, celtas e romanos, pobos que forn deixando o seu poso nos habitantes e na súa forma de vivir xunto ao mar. Pola Ría pasaron tamén hordas de normandos, descubridores do novo mundo e naves de piratas turcos e ingleses, sendo testemuñas de excepción de acontecimentos como a Batalla de Rande, a principios dó século XVIII. Neste mesmo século, un grupo de emprendedores da lonxincua Costa Brava chega a Vigo e pon os cimentos da nosa industria pesqueira y conserveira, con as súas técnicas de salazón e salmuera. A principios do século XIX, Vigo convírtese na leal e valerosa vila, continuando o desenvolvemento do seu porto, que nesta época, chegou a ser o principal do norde da península. Na primeira metade do século XX, dun desenvolvemento case febril, as infraestruturas portuarias xa non só dan atraque e abrigo, sinon que son tamén depósito de mercadorías cada vez máis importante, sobre todo, trala chegada do ferrocarril aos peiraos. A segunda metade deste século é ainda máis intensa, con un crecente tráfico de pasaxeiros da emigración, a revolución da pesca conxelada e a chegada de Citroen a Vigo. Dende entón, Vigo segue crecendo, lenta, pero sólidamente. Coñecer as orixes e a historia do noso porto, contribue a coñecer e entender mellor o porto actual. Esperamos que para iso sexa de utilidade esta pequena HISTORIA, así como o libro de imaxes “Puerto de Vigo, construyendo un motor económico".