O acceso rodado aos peiraos comerciais de Guixar, Arenal, Transversal e Comercio contrólase dende unha casiña situada na súa entrada principal, na que se atopan as dependencias da Policía Portuaria (control de entrada) e da Garda Civil (control de saída).
Neste acceso existen dúas vías de entrada e dúas de saída, dotadas cun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.
A interfonía da que dispoñen estes accesos permite ao usuario que pretende entrar ou sair, a comunicación tanto coa Policía Portuaria do control (operador local) como coa do Centro de Control, de forma que esta comunicación sexa sempre convenientemente atendida.
Nesta zona disponse de portalóns monitorizados e manipulados a partires do SIG, dende calquera ordenador da Policía Portuaria, co obxecto de permitir o paso de pezas especiais ó dispoñer dunha saída de emerxencia nesta área.
O acceso rodado ao peirao de Trasatlánticos está dotado cunha casiña de control operada pola Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída), con unha vía de entrada e unha de saída, que dispón dun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.
O Porto Pesqueiro está dotado dunha casiña de control operada por Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída), cunha vía de entrada e unha de saída, dotadas cun sistema de lectura automática de matrículas e de barrerias.
Na área portuaria de Bouzas, disponse de dous puntos fundamentais de control de acceso:
Un na entrada da Terminal Ro-Ro e da Zona Franca, dotado de dependencias de Policía Portuaria (control de entrada) e de Guardia Civil (control de saída), ambas con sistema de lectura automática de matrículas e barrerias.
Outro no acceso acceso ao peirao de Reparacións, con casiña de control da Policía Portuaria (control de entrada e saída), sistema de lectura automática de matrículas e barreiras.
Un acceso peonil comunica o peirao de Comercio e a Praza da Estrela, e configúrase como a única vía de entrada e salida peonil para esta zona portuaria. Está dotado cunha cámara para a identificación do persoal con autorización de acceso ao peirao, que se xestiona dende o Centro de Control, entre outros postos. Ademáis, conta con dous lectores de tarxetas que utilizan tecnoloxía RFID (Radio Frequency Identificación), mediante os que se contrasta a autenticidade da tarxeta coa base de datos situada no servidor central del SIG. Tamén dispón dun sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.
O Peirao de Trasatlánticos é de acceso peonil libre, agás una zona de acceso restrinxido que está controlada desde el Centro de Control, mediante un torno dotado dunha cámara para a identificación do persoal con autorización, dous lectores de tarxetas RFID e un sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.
O Porto Pesqueiro do Berbés e Beiramar dispoñen de varios puntos de control de acceso peonil, con cámara para a identificación de personal e lectores de tarxetas RFI.
Na área portuaria de Bouzas, non está autorizado o acceso peonil á Terminal Ro-Ro, de transporte rodado.
Para as solicitudes de acceso para persoas e vehículos non rexistrados débese enviar un correo electrónico á dirección controldeaccesos@apvigo.es indicando:
Solicitante
Empresa
Motivo
Data/hora inicio
Data/hora fin
Recinto: Peiraos Comerciais / Trasatlánticos / Terminal de Bouzas/ Praza da Estrela
Nome
Copia DNI
Vehículos
Particular ou de empresa
Matrícula/marca/modelo/cor