O Porto Pesquerio, dispón actualmente de varias lonxas e un mercado maiorista que tratan de resolver asi as necesidades dos distintos operadores que acceden diariamente a comercializar o produto.
Comercialízase todo tipo de peixe fresco, tanto o variado diario procedente da flota da Ría de Vigo e portos adxacentes, como produto proveniente de todas as partes do mundo. Máis do 50% do produto da pesca proven de caladeiros lexanos, para o cal necesita transportarse (por ser un produto muy perecedeiro) vía aérea ou por vía terrestre, en envases isotérmicos debidamente identificados. Aparte de isto, tamén accede pescado pola vía marítima e procedente dos portos e lonxas da península Ibérica. A subasta faise polo método tradicional de "corros" a baixa; informatizándose o proceso a partir de ese momento. No caso dos grandes peixes como o atún, o peixe espada, o marrajo ou a quenlla, esta subasta realízase por unidades debido a o seu coste, tamén a baixa.
No interior da Lonxa contamos, asimesmo, cunha sala de subastas para a pesca de litoral, destinada a subasta de pesca de baixura, procedente do litoral Galaicoportugués. Está indicada para monoespecies e grandes volúmenes. Realizase por subasta a baixa e mediante mostra.
Edificio que alberga as subastas de marisco fresco procedente da extracción e posteriormente, tamén envasado e debidamente identificado. Actualmente está xestionada por Portos de Galicia.
O edificio anexo a Lonxa e o do Mercado mayorista, donde se realizan as operacións de comercialización de produto da pesca en segunda venta, ya sea este procedente da Lonxa de Vigo como de outras lonxas.
No recinto do Porto Pesqueiro contamos con catro dársenas con peiraos destinados a atraques para descarga, estancia, pertrecho e abastecemento de buques de pesca. Con toda a oferta de servizos de auga (dulce e salada), electricidade, combustible, xeo, redes, grúas, etc.
Paralelamente dispoñemos de edificios para departamentos de armadores e edificios para locales de elaborado de peixe e marisco fresco de exportadores e vendedores, así como locales destinados a suas oficinas.
Asimesmo, existen na zona varias industrias de transformación de peixe, cefalópodos, marisco e seus derivados, tanto fresco como conxelado.
En algúns de estos peiraos, realizanse pequenas reparacións de barcos pesqueiros, que xunto cos talleres, asteleiros e varadeiros da zona anexa de Bouzas, resolven todas as necesidades da actividade e dos buques pesqueiros. Estas instalacións son privadas e encontranse en réxime de concesións administrativas.