Lado norte

Lado norte

Vilaboa

Cabe destacar neste municipio a presenza de:Marcelino Acuña, S.A.a súa actividade é a de viveiro e criadeiro de peixe. Dispón de dúas concesións para ocupar superficie de lámina de auga e instalacións de dominio público portuario titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, en San Adrián de Cobres, termo municipal de Vilaboa, con destino a estación depuradora de mariscos, peirao e canalizacións de aspiración e desaugadoiro. A superficie a ocupar de terreos de dominio público portuario é de 674,70 metros cadrados; e 287 metros cadrados de lámina de auga.

Moaña

Dentro deste municipio, encontrámonos con actividades na área de servizo da Autoridade Portuaria de Vigo, nas parroquias de Domaio e Meira. De leste a oeste, as empresas que realizan a súa actividade en Moaña son:

Varaderos Domaio, S.L.: dedícase á reparación e carenado de barcos. Dispón das seguintes instalacións:

Tipo de actividad: Varadero
Nº de ramplas Lonxitude de ramplas (m) Ancho (m) Pendente (%) Calado en extremo (m) Máx. TM buque admitidas
3 108,00 10 6 3,00 1.000

 

Tipo de actividade: estaleiro
Nº de ramplas Lonxitude (m) Ancho (m)
1 40 8
1 60 12
FandicostaA súa actividade principal é a elaboración de peixe conxelado, para o que dispoñen de dúas salas cun total de 4.100 m2 de superficie, onde elaboran, conxelan e envasan as diferentes especies.  Controlan todo o proceso, dende a captura en alta mar ata o envío do produto final ao seu destino. Para iso, dispón das seguintes instalacións:

 

Tipo instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 150,00 8,00 49,00 Tráfico pesqueiro

 

Tipo instalación Capac. almacenamento  (m3) Capac. conxelación (24h)
Almacén frigorífico 29.925 0

Montajes Cancelas, S.L.: A firma constrúe nas súas instalacións do Polígono da Borna, en Moaña, dende lanchas auxiliares ata grandes arrastreiros de altura, pasando por remolcadores ou bloques de aceiro para modernos atuneiros, ferries ou cargueiros.  Ademais, Montaxes Cancelas tamén realiza reparacións e a construción e transporte de grandes estruturas que "fabrica e traslada por mar a calquera parte do mundo". Tamén desenvolveron "un proxecto pioneiro destinado a facilitar os procesos das actividades de acuicultura mariña, nos que é necesario o apoio de embarcacións, como o transporte de crías e a montaxe de granxas".

Rodman Polyships, S.A.U.A empresa dedícase a fabricación e comercialización de embarcaciónsen PRFV (poliéster reforzado con fibra de vidro) para náutica de recreo e náutica profesional.  As instalacións de Meira (Moaña) deste estaleiro, son a sede central do actual grupo Rodman, e conta coa maior planta dedicada á náutica en España, con 105.000 metros cadrados de superficie e saída directa ao mar, con oficinas de deseño e laboratorios de análise de materiais e produtos. Dispón das seguintes instalacións:

Tipo instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 330,00 2,0/6,0 7,5/8,5 Peirao de armamento

 

Tipo de actividade: estaleiro    
Nº bancadas Lonxitude (m) Ancho (m)
2 105 14
1 207 13

Aister16.895 m2 de superficie libre con acceso directo ao mar e peirao propio. A actividade desenvolvida por Aister, concrétase nas seguintes liñas de negocio:

  • - Illamentos e habilitación naval.
  • - Deseño, fabricación e instalación de portos deportivos e pesqueiros.
  • - Calderería naval.
  • - Deseño, construción e reparación de embarcacións.
  • - Instalacións flotantes e elementos auxiliares para acuicultura.

Atollvic Morrazo, S.A.U.: Estaleiros Atollvic fundouse no ano 2006.  É unha empresa dedicada á construción, transformación e reparación de iates de luxo situada na Ría de Vigo. A súa especialidade é o traballo con Megaiates Custom de vela ou motor, en aceiro ou aluminio ata 55 m. de eslora.  Atollvic forma parte do Grupo Vicalsa, unha compañía que achega todo o respaldo técnico e loxistico necesario para deseñar e construír con éxito os máis complexos iates Custom.  Dispón das seguintes instalacións:

Tipo de actividade: rampla de lanzamento          
Nº rampas Lonxitude rampla (m) Ancho (m) Pendente (%) Calado en extremo (m) Máx. TM buque admitidas
3 400,00 8,00 5 4,00 500

 

Tipo de actividade: estaleiro    
Nº bancadas Lonxitude (m) Ancho (m)
4 108 10

Cangas

Neste municipio do lado Norte da Ría de Vigo, a empresa que realiza as súas actividades en terreos situados na zona de servizo da Autoridade Portuaria de Vigo é:

 Conservas y Frigoríficos del Morrazo, S.A.: nace como resposta a unha carencia de servizos de descarga e almacenamento frigorífico na Ría de Vigo.  Dispón de peirao de atraque propio, así como un dique de abrigo ao sur do peirao e cara á boca da Ría.  No que se refire a instalacións en terra, ten dúas grandes salas para os labores de manipulación, glaseo (para peixe en bloque), clasificación e pesaxe, cunha capacidade de ata 1.200 Tn/día. Respeto ó almacenamento, teñen 3 cámaras frigoríficas, con 6.500 m2 de planta, o que supón unha capacidade de 55.000 m3.  A grande operatividade das cámaras permítelles un movemento de ata 1.500 Tn/día. En resumo, as instalacións son:

Tipo instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 249,00 6,30 42,00 Tráfico pesqueiro

 

Tipo instalación Capac. almacenamento (m3) Capac. conxelación (24h)
Almacén frigorífico 55.000 20