Aínda no municipio de Vigo, ao outro lado do monte da Guía, na zona máis próxima ao Concello de Redondela, encontrámonos cunha zona moi industrializada, na que se sitúan empresas de diverso tipo: estaleiros, varadoiros, frigoríficos...; aproveitando tanto as boas condicións da Ría nesta zona, ao resgardo do monte de Guía, como a súa proximidade á Autoestrada do Atlántico, que enlaza coa Autovía do Noroeste no nó de Puxeiros.As empresas que se atopan nesta zona de servizo do Porto son:Astilleros y Varaderos Montenegro, S.A.Astilleros Montajes Cíes, S.L.Varadero Pérez Méndez, S.L.: Esta empresa dispón das seguintes instalacións para o desenvolvemento da súa actividade:
Tipo de actividade: rampla de lanzamento | |||||
Nº de ramplas | Lonxitude de ramplas (m) | Ancho (m) | Pendente (%) | Calado en extremo (m) | Máx. TM buque admitidas |
1 | 70 | 4 | 6 | 1 | 150 |
Tipo de actividade: estaleiro | ||
Nº de ramplas | Lonxitude (m) | Ancho (m) |
4 | 35 | 12 |
Metalships & Docks, S.A.U.: empresa dedicada á contrución e reparación de buques de estrutura metálica. Dispón das seguintes instalacións:
Tipo de instalación | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Emprego |
Peirao | 240 | 3.5/9 | 14 | Peirao de armamento |
Tipo de instalación | Eslora | Manga | Calado mínimo | Forza ascensional | |||
Exterior | Interior | Exterior | Interior | Exterior | Interior | ||
Dique flotante 1 | 127 | 115 | 29.20 | 22.40 | 2.80 | 2.80 | 5000 |
Dique flotante 2 | 162 | 150 | 30.80 | 24.80 | 7 | 0.80 | 8000 |
Tipo de actividade: rampla de lanzamento | |||||
Nº de ramplas | Lonxitude rampla (m) | Ancho (m) | Pendeente (%) | Calado en extremo (m) | Máx. TM buque admitidas |
2 | 200 | 18 | 6 | 6.5 | 1500 |
Tipo de actividade: estaleiro | ||
Nº de diques | Longitud (m) | Ancho (m) |
1 | 220 | 30 |
Frigoríficos de Galicia, S.A. (FRIGALSA): é un dos maiores almacéns frigoríficos do Porto de Vigo. As suas instalacións consisten en:
Tipo de instalación | Lonxitud (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Emprego |
Peirao | 223 | 0.88 | 10 | Tráfico pesqueiro |
Tipo de instalación | Capac. almacenamento (m3) | Capac. conxelación (24 h) |
Almacén frigorífico | 124.752 | 50 |
Frioteis, S.L.: empresa frigorista, dedícase tanto á descarga, estiba e desestiba de mercadoría conxelada, coma ao seu almacenamento ata o momento da súa distribución.
Embarcaciones Astinor: empresa dedicada á construción de embarcacións de recreo en P.R.F.V. (poliéster reforzado con fibra de vidro). Conta con dous estaleiros: o de Teis, con 5.000 m2, que ademáis conta con peiraos e travelift para probas e servizos das embarcacións. E o de Redondela, con 3.000 m2
Servizos Náuticos del Noroeste.
No municipio de Redondela, cabe mencionar, en primeiro lugar, por dispoñer dunhas características físicas prácticamente idénticas á anterior zona de Ríos, na parroquia de Chapela, onde se atopan varias empresas frigoríficas, de conxelado e conserveras, como son:Frigoríficos Oya, S.A.: é unha empresa especializada en loxística interna de peixes e mariscos conxelados, precociñados, refrixerados, etc. Defínese como unha Zona de Almacenamento Loxístico. Dispón, entre outras, das seguintes instalacións:
Tipo de instalación | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Empregos |
Peirao | 220 | 8 | 23 | Tráfico pesqueiro |
Tipo de instalación | Capac. almacenamento (m3) | Capac. conxelación (24 h) |
Almacén frigorífico | 135000 | 0 |
Frivipesca Chapela, S.A.: empresa do Grupo Pescanova, que está especializada no procesado e comercialización de productos do mar.
Pescanova, S.A.: actualmente, Pescanova é unha das principais empresas españolas, de integración vertical, con actividades en todo o mundo. Un axeitado proceso de reestructuración permitiu que Pescanova adquirise en poucos anos a dimensión e importancia que hoxe a caracterizan. As súas actividades pódense esquematizar como segue:
En Chapela conta coas seguintes instalacións:
Tipo de instalación | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Empregos |
Peirao | 122 | 7 | 20 | Tráfico pesqueiro |
Peirao | 90 | 3 | 10 | Tráfico pesqueiro |
Tipo instalación | Capac. almacenamento (m3) | Capac. conxelación (24 h) |
Almacén frigorífico | 48000 | 128 |
Auxiliar Conservera, S.A. (AUCOSA): a súa actividade abrangue dende a comercialización de peixes e mariscos, tanto frescos coma conxelados, a fabricación de fariñas e aceites de peixe, ata o servizo de cámaras frigoríficos. A fábrica de fariñas e aceites de peixe situada en Chapela conta coas máis avanzadas instalacións para a redución de peixe.
Tamen no municipio de Redondela, pero dentro da área de Rande atopámonos con outras empresas importantes:S.A. Eduardo Vieira: As súas instalacións de Rande denomínanse "Porto Vieira", e centran a súa actividade no almacenamento frigorífico, constituíndose no centro loxístico para a distribución nos mercados nacional e europeo. As súas modernas instalacións, cunha capacidade superior aos 80.000 m3, unidas á eficiencia de procesos despregada, valéronlle a obtención da certificación de calidade UNE-EN-ISO-9001/2008 e a autorización como Posto de Inspección Fronteriza (P.I.F.)
Tipo instalación | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Emprego |
Peirao | 120 | 6.50 | 20 | Tráfico pesqueiro |
Tipo instalación | Capac. almacenamento (m3) | Capac. conxelación (24 h) |
Almacén frigorífico | 24500 | 20 |
Tipo instalación | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Emprego |
Peirao | 255 | 10 | 135 | Tráfico comercial |