Área Portuaria de Bouzas

Área Portuaria de Bouzas

Nos peiraos de Bouzas, atópase o maior espazo de terminal portuaria e intalacións industriais en explotación do Porto de Vigo, cunha extensión de 862.354 m2. Atópase dividido en 2 zonas principais, en función da actividade que se desenvolve en cada unha delas, que son: 

A Terminal Ro-Ro

Trátase dunha terminal especializada en tráficos de mercancía xeral RO-RO, é dicir cuxa operativa realízase por medios rodantes. Dispón de cinco ramplas fixas e unha rampla móbil para atraque de buques, e unha superficie anexa de almacenamento descuberto de aproximadamente 400.000 m2.  Estas ramplas ou atraques van desde os 150 metros e 8 de calado ata os 369 metros e 14 de calado, susceptibles de acoller aos grandes barcos de transporte actuais.

Anexos a estas ramplas hai unha enorme superficie, tal e como se indica no párrafo anterior, duns 400.000 m2, para o depósito de mercancía. A actividade principal desta terminal son os vehículos novos, cunha distribución de 75% dedicados á exportación e 25% á importación.

Nesta zona atópase tamén a Sede principal do Consorcio da Zona Franca de Vigo, así como as súas instalacións de oficinas e naves de almacenamento que pon a disposición das diversas industrias acolleitas ao réxime da zona franca.

A terminal ten enlace directo por carreteira e por autopista.

PEIRAOS E ARRIBADAS DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGOClasificación por dársenasDársenas comerciais en Terminal de Tráfico RO-RO

Nome

Lonxitude (m)

Calado (m) 

Ancho (m)

Empregos

Rampla 2 con peirao

152 8 50 Tráfico Ro-Ro

Rampla 3 con peirao

204 10 40 Tráfico Ro-Ro

Rampla 4 con peirao

159 8 50 Tráfico Ro-Ro

Rampla 5 con peirao

301 11 40 Tráfico Ro-Ro

Rampla 6 con peirao

368 14 40 Tráfico Ro-Ro

Rampla 7 móbil

 200  15  31 Tráfico Ro-Ro

 Logo Red transeuropea de transporte

En canto ás infraestruturas, destaca o SILO de almacenamento de vehículos en altura, que ampliou a capacidade da Terminal de Bouzas en 60.000 m2, permitindo almacenar un total de 4.000 vehículos nas súas tres alturas (ampliables a catro), sen necesidade de executar ampliacións que gañen terreo ao mar.

O particular deseño da estrutura, especialmente lixeira ó utilizar vigas de aceiro e forxados de tramex, permitiu uns espazos e separacións moito máis amplos para os vehículos, e moi superiores aos de outras estruturas similares noutros portos, o cal redunda na seguridade e calidade na manipulación desta preciada mercancía.

Ademáis das súas modernas  instalacións de abastecemento, iluminación, detección e extinción de fume, a instalación de paneis fotovoltaicos integrados en vidro translúcido de cor azul, proporciona unha potencia instalada de 100 kW para a xeración eléctrica de venda á rede, ao tempo que se integran estéticamente no conxunto da fachada.

Foto Bouzas

 

O Peirao de Reparacións

 

Constitúe a outra gran zona dentro da área portuaria de Bouzas, que se crea a partir do desenvolvemento do dique de Coia, que protexe a gran dársena Bouzas - Coia, onde se instalan os principais estaleiros de Vigo.Ademais da liña de atraque dispoñible para os buques que teñan que facer reparacións a flote, este peirao dispón dunha superficie de máis de 200.000 m2 para naves dedicadas á reparación e construción naval, así como ao sector auxiliar dos citados estaleiros, situados nas súas proximidades. Sector auxiliar que abarca absolutamente todas as fases da construción e reparación de todo tipo de buques, dende motores de propulsión e sistemas hidráulicos, eléctricos, electrónicos, de comunicacións, etc, ata todas as fases de calderería, soldadura, pintura, granallado e habilitación de todo tipo de buques. Dende pesqueiros de baixura, arrastreiros conxeladores, atuneiros, frigoríficos, etc., aos grandes car carriers, ferris, suppliers para o sector offshore, sísmicos ou outros buques científicos dotados da última tecnoloxía.  Na dársena que forma este gran peirao, tamén destacan as dársenas de avituallamento, destinadas ao atraque de buques, na súa maioría pesqueiros, ás veces en réxime de longa estancia. 

PEIRAOS E ARRIBADAS DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGOClasificación por dársenas

Nome

Lonxitude (m)

Calado (m)

Ancho (m)

Empregos

En dársenas pesqueiras

       

Dársena nº 1 de Bouzas

456

5

20

Avit. e repar. pesq.

Dársena nº 2 de Bouzas

41

5

12

Avit. e repar. pesq.

Dársena nº 2 de Bouzas

487

3

15

Avit. e repar. pesq.

Peirao de Reparacións (leste)

145

10

12

Rep. e armamento buques

Peirao de Reparacións (S.E.)

339

10.0 // 5.1

25

Rep. e armamento buques

Ampliación P. Rep. 1ª aliñación

112

5

32

Rep. e armamento buques

Ampliación P. Rep. 2ª aliñación

42

5

10

Rep. e armamento buques

Ampliación P. Rep. 3ª aliñación

275

7 // 5

12

Rep. e armamento buques

TOTAL

1897