O Peirao de Trasatlánticos constitúe un espacio privilexiado de encontro entre a cidade e os máis de 200.000 turistas que anualmente chegan a Vigo gracias ao tráfico de cruceiros. 60.000m2 de superficie na que destacan os Xardíns do Cable, inaugurados no 2014 en honor ao papel fundamental do Porto de Vigo na historia do Cable Británico e Alemán, ademáis dun enorme espazo peatonal e de esparcimento cidadán. O peirao conta, ademáis, cun calado de 12m e con 750m de atraque gracias á construción na auga de 3 estruturas anexas de atraque denominadas Duques de Alba que posibilitaron unha ampliación absolutamente respetuosa co medioambente. Na Estación Marítima “Alberto Durán”, ademáis de institucións oficiais como Capitanía Marítima ou Sanidad Exterior, atópase a principal Terminal de Cruceiros.
No peirao de Comercio adaptáronse os antigos almacéns de carga existentes nun novedoso proxecto de peirao polivalente, para destinar a súa parte central a unha segunda terminal de cruceiros, denominada O Tinglado do Porto, para complementar a oferta de liña de atraque para cruceiros e poder atender escalas múltiples nas mellores condicións. Seguindo as mesmas directrices medioambientais, ampliouse ata os 300m de liña de atraque mediante a construción dun Duque de Alba adicional e prepárase a disposición de espazos de ocio para convertir esta zona nun novo lugar de encontro entre Porto e cidade. Rodeado de xardíns e xunto á Alameda, espazo arbolado urbano de referencia no centro de Vigo, este peirao completa o espazo portuario adicado ao tráfico de cruceiros.
Ademáis do seu uso como terminal de cruceiros secundaria, este peirao, de 9m de calado, conta con espazos habilitados para o almacenamento de mercancía xeral, o que facilita a súa versatilidade e a súa idoneidade para atraques e operativas de buques con mercancía xeral e cargas de proxecto.
Alberga un dos principais portos deportivos da Ría de Vigo, explotado baixo concesión administrativa polo Real Club Náutico de Vigo. Dispon tamén dunha zona dedicada ao embarque e desembarque de pasaxe que utiliza o transporte da Ría, e atraque de embarcacions do Servizo Portuario de Remolque.
PEIRAO E ARRIBADAS DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGOClasificación por dársenas
Nome | Lonxitude (m) | Calado (m) | Ancho (m) | Empregos |
En dársenas comerciais | ||||
Peirao Trasatlánticos | 552 + 150 | 12 | 70/80 | Cruceiros e pasaxeiros |
Peirao de Comercio | 250 + 50 | 9 | 25 | Cruceiros e pasaxeiros |
SUMA TOTAL | 802 + 200 | |||
Noutras dársenas | ||||
A Laxe e Espigóns | 210 | 6/10 | 4 | Pasaxeiros ría |
Embarcacións menores | 38 | 5 | Embarc. menores e deportivas | |
Embarcacións menores | 277 | 0,4/3,7 | Embarc. menores e deportivas | |
Embarcacións menores | 100 | Embarc. menores e deportivas | ||
SUMA TOTAL | 625 | |||
TOTAL | 1.627 |