Área de Peiraos Comerciais

Área de Peiraos Comerciais

Peirao de Comercio

O Peirao de Comercio é un peirao polivalente adicado á carga e descarga de mercancía xeral convencional. Inicialmente contaba con 250 metros de lonxitude de atraque con un calado de 9 metros, lonxitude que foi ampliada ata os 300 metros, mediante a instalación de elementos de amarre (duque de alba) aproveitando o dique de abrigo da dársena deportiva, o que permitiu o uso deste peirao para atraque de cruceiros en ocasións puntuais de saturación da Terminal especializada.

Peirao Transversal

Con unha lonxitude de 515 m (laterales oeste e este) e 170 m (frente norte), está dotado de 3 alineacións, con calados entre os 9 e os 15,50 m, onde se manipulan principalmente bloques de granito en bruto e outra mercancía xeral convencional, como madeira, minerais e sal.

Logo fondo de cohesion UE

Peirao de Arenal

Con unha lonxitude de 523 m, un calado variable de 10 a 14 m, divídese en duas alineacións; unha delas destinada á mercancía xeral (1ª Alineación), con 292 m; e a outra (3ª Alineación), con 231 m, destinada a graneis, tanto líquidos como sólidos. Dispón de diversas instalacións especiais, así como 1 almacén para sal, 1 depósito para suministro de combustible a buques, e o Posto de Inspección Fronteriza (PIF).

Logo fondo de cohesion UE

Peirao de Guixar

O desenvolvemento da dársena de Guixar prodúcese grazas á chegada do ferrocarril, aunque actualmente, o peirao de Guixar está especializado como Terminal de contedores con unha adicación total da sua superficie, que está otorgada en concesión á empresa Termavi. A terminal de Guixar conta con unha liña de atraque de 762 m. e un calado superior aos 17 m. Estas características e a sua superficie de depósitos, que supera os 180.000 m2., convérteno na principal terminal de contedores de Galicia.

Opera con máis de 80 liñas regulares conectadas cos principais portos do mundo, con un movemento aproximado anual de máis de 200.000 Teus, o que converte a Vigo no 8º porto de carga de España.

A xestión da terminal está altamente automatizada e xestionada por avanzados sistemas de software, centrándose principalmente na xestión de contedores de 20 y 40 pés. Polas características dos tráficos do porto de Vigo, a terminal de Guixar está especializada en contedores Reefer, refrixerados, con máis de 1.300 tomas de corrente operativas no interior da terminal; ainda que, por suposto, opera con todo tipo de contedores.

A súas instalacións básicas son os 5 grandes guindastres portainer de diferentes alcances, Feeder, Panamax, Postpanamax e Superpostpanamax. Tamén 7 transtainers de 40 t e 9 reach stacker de 45 t.

Un valor fundamental desta Terminal ven dado pola intermodalidade que lle proveen o acceso directo á autopista e autovía e a terminal intermodal ferroviaria de ADIF, lindante co seu patio de contedores, estando así eficazmente conectado co norte, sur e centro de España, así como con Portugal.

Outra peza clave do Porto nesta zona é o Scaner de control e vixilancia de contedores por Raios X (iniciativa EE.UU. chamada C.S.I.9) e o portal de control espectrométrico de radioactividade da 2ª liña de defensa estadounidense, ou Megaports, que reforzan a seguridade de todo o Porto e o seu tráfico.

 

  PEIRAOS E ATRAQUES DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Nome

Lonxitude (m)

Calado (m)

Ancho (m)

Empregos

En dársenas comerciais

       

Peirao de Arenal (1ª Alin.)

292

14

35

Carga Xeral

Peirao de Arenal (3ª Alin.)

231

10

30

Polivalente

Peirao Transversal Oeste

298

9

15

Carga Xeral

Peirao Transversal Este

217

14

35

Carga Xeral

Peirao Transversal Norte

170

15,50

35

Carga Xeral

Peirao de Comercio

250+50

9

25

Polivalente (carga xeral e pasaxeiros)

Peirao de Guixar

762

15

25

Contedores